Películas

Curtametraxes realizadas polo alumnado ao abeiro do programa «Vidas mariñeiras» desde o seu inicio en outubro de 2017.

Atlántico de plástico

Dirección: alumnado de 2º e 3º de ESO do IES Canido de Ferrol

Alba Díaz-Caneja, Claudia Felgar, Carlos Pouso, Sara Romero, Inés Rosa, Carmen Mato, Nicolás Tajes, Ana Rubín, Candela Blanco e Paola Arroyos.

Mesturando de forma valente diferentes narrativas cinematográficas (ficción, documental, ensaio), o filme Atlántico de plástico amosa unha rigorosa investigación realizada polas súas autoras sobre a contaminación que supoñen os microplásticos nas nosas praias e mares.

Abrir os ollos

Dirección: alumnado de 4º de ESO do IES Breamo de Pontedeume

Vítor Castelos Pérez, Alba Faria Cordeiro, Antón Feal Pena, María López Álvarez, Judith Miser Campello, Cástor Regueira Dosil, Ana Rodríguez Carballeira e Sara Rubido Varela.

Abrir os ollos é un filme documental que quere trasladar unha preocupación: a contaminación das augas e a contorna na desembocadura do río Eume. A través de testemuñas, reflexións e unha mirada ao pasado, o filme pregúntase polo noso lugar nun mundo que debería estar máis concienciado con este problema.

Todos os días o mar

Dirección: alumnado de 1º de Bacharelato e 4º da ESO do IES Monte Castelo de Burela

Emma Alonso Álvarez, Saray Calvo Heras, Adilsa de Jesús Gonçalves Alves, Agua Menacho Fernández, Brais Pardo Vázquez, Nerea Rego Campello, Jeniffer Stephany Rodríguez de Oliveira e Claudia Vázquez Sánchez.

Retrato do día a día da tripulación do palangreiro de fondo Raúl Primero no seu duro traballo, dedicado á pesca artesanal no Gran Sol. Unha viaxe continua de ida e volta ao mar

Mans salgadas

Dirección: alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato do IES de Foz

Iria Araúzo, Rosa Martín, Eva Martínez, Manuel Menacho, Carla Neira, Carla Palmeiro, Marta Rega, Yan Rodil e Uxía Rodríguez.

Mulleres e homes falan da súa relación constante co mar a través dos recordos dos seus antigos oficios. Emocionantes filmacións e fotografías de arquivo, xunto cos poemas de Luisa Castro e de Manuel María, acompañan esta memoria de Foz.

Entre o río e o mar

Dirección: alumnado de 3º da ESO do IES Breamo, Pontedeume

Belén Carballeira Ageitos, Vítor Castelos Pérez, Lucía Cots Vera, María López Álvarez, Cástor Regueira Dosil, Sara Rubido Varela e Emilio Sánchez Ródenas

Deixándose levar pola corrente do río Eume, alí onde se confunde coas augas do mar, esta peza demórase en conversas cos mariñeiros do porto e a singular paisaxe da desembocadura ao seu paso por Pontedeume.

Premio Mellor Guión (niveis de ensinanza non universitaria) no OUFF Escola 2018

De corazón, mariñeiro

Dirección: alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI A Xunqueira, Fene

Ángelo A. Cazorla Villarroel, Paula Leite Pico, Sofía Moure Dopico, María Pérez Seoane, Alicia Prieto López, Marta Seco Ameneiro, Caio Augusto Severiano Artiaga, María Souto Rodríguez

A través das palabras de Vituco, da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, mergullámonos na ría de Ferrol para coñecer algunhas das especies que a habitan, ao tempo que coñecemos o traballo que desenvolve o seu equipo científico.

Marea de mulleres

Dirección: alumnado de 4º da ESO do CPI As Mirandas, Ares

Uxía Amorín Gómez, Icía Bermúdez Fornos, Vera Candal Jacob, Vanessa Carpente Martínez, Aitana Feal Vilar, Adrián Fernández Filgueiras, Lara Fonte Allegue, Miriam Giraldo Herrera, Paula López Vilasánchez, Isabel Maceiras Varela, Carmen Martínez Dragó, Yasmina Martínez Oufquir, Paula Mesías Fernández, Julia Roade Conejo, Verónica Rodríguez Martínez, Borja Souto Prego, Judith Zabala Martínez

Retrato colectivo das mulleres de Ares que traballaban nas fábricas de salgadura da zona. A través delas sabemos do que era o seu oficio e as súas condicións laborais, pero tamén das súas lembranzas e arelas.